A derradeira da montaña deste ano no cumio de Pontevedra

Data: sábado 03 de marzo de 2018 
Itinerario:  Aciveiro (mosteiro) - Alto da Penadoiro - Andón - Aciveiro (mosteiro) 
Distancia: 17 km 
Dificultade: media
> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Despois de camiñar con neve en Montederramo e en Manzaneda, rematamos o ciclo de montaña deste ano na Serra do Candán. Unha ruta de menor altura que as anteriores pero igualmente importante ATENDER AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO PARA PASAR UNHA BOA XORNADA:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada gris, con posibilidade de auga e temperaturas baixas. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Recomendable que a exterior sexa impermeable e a interior polar. Procuramos con isto non mollarnos, cortar o vento e abrigarnos ao tempo que podemos ir retirando capas a medida que entramos en calor. 

- Para o tren inferior para esta ruta o calzado ideal é bota con Gore-Tex e polainas

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno ou semellante. 

A PREVISIÓN É DE AUGA POLO QUE É RECOMENDABLE LEVAR UNHA MUDA COMPLETA PARA PODER VOLVER SECOS A CASA DESPOIS DA RUTA. 

4) Horarios:

Saída dende Vigo ás 9:15h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Pontevedra ás 9:40h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).