A baixar o turrón a Cuntis

Data: sábado 20 de xaneiro de 2018 
Itinerario:  Cuntis - Castrolandín - Rebordelo - A Ponte - Cuntis
Distancia: 15 km
Dificultade: baixa 
GPS:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteirosuvigo-5-2017-2018-ruta-por-cuntis-21729249 (a engadir paseo urbano)




> NOTA: a ruta inclúe visita guiada na Fundación Terra Termarum e xacemento arqueolóxico de Castrolandín. Asemade, como é norma, haberá sorteo de agasallos para darlle a benvida ao 2018.

> INSCRICIÓNS:


Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Feliz 2018!!!! Que tal o nadal? Canto turrón? :P Tranquilidade xa están aquí os Roteiros Culturais da Universidade de Vigo para estar en forma e coñecer ao tempo os lugares máis fermosos do noso país. Desta volta imos ata Cuntis!!! 



As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada ideal para camiñar. A sensación térmica será fría pero óptima para a práctica do sendeirismo. Ideal para ir preparando o corpo para o ciclo de montaña deste ano. 

É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (recomendable que a exterior sexa impermeable por se falla a previsión) para cortar o vento ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 

- Para o tren inferior para esta ruta o calzado pode ser baixo ou alto pero moi recomendable que teña Gore-Tex (polainas opcionais pero non necesarias).

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno ou semellante. 

4) Horarios:

Saída dende Vigo ás 9:05h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Pontevedra ás 9:30h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).