Imos de ruta? Imos de magostooooooo...

Data: sábado 02 de decembro de 2017
Itinerario:  Ourense - Sabadelle - Loñoá
Distancia: 18 km
Dificultade: baixa 
GPS: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=21290586


> NOTA: ao remate da ruta celebrarase un tradicional magosto con chourizos, castañas, viño e outros produtos típicos de Ourense. Sorteo de agasallos.

> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.




Rematamos as rutas deste ano 2017 co noso tradicional magosto no noso lugar preferido. Faremos unha pequena ruta pola contorna de Ourense para chegar con fame e entre chourizos, viño e castañas celebrar xuntos que seguimos compartindo camiño, e por moitos máis que aínda teñen que chegar!!!! 


As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos de novo unha xornada ideal para camiñar. A sensación térmica será fría pero óptima para a práctica do sendeirismo (2/11ºC). 

É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (recomendable que a exterior sexa impermeable) para cortar o vento frío do norte previsto ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 

- Para o tren inferior o calzado ideal para esta ruta é zapatilla baixa de Trecking con Gore-Tex (polainas opcionais pero non necesarias).

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... con todo lembrade que ao remate da ruta haberá magosto con chourizo, castañas, viño... polo que non levedes moito avituallamento. Algo para matar o becho en ruta só. ;)

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios:

Saída dende Pontevedra ás 8:15h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 8:40h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9.45h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).