No corazón da Ribeira Sacra: Ruta do Río Mao

Data: sábado 04 de novembro de 2017
Itinerario:  Miradoiro de Triguás - Forcas - San Lourenzo Barxacova - Fábrica da Luz 
Distancia: 17 km
Dificultade: baixa 

> NOTA: a ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e visita guiada para descubrir o espectacular xacemento arqueolóxico da Necrópole de San Vítor de Barxacova. Ao remate da ruta teremos a oportunidade de descubrir o único Museo do Chocolate de Galicia... ñam ñam... :P


> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Seguimos en ruta, desta volta cunha das rutas máis fermosas desta tempada. Comezaremos ao pé das serras orientais e iremos pouco a pouco descendendo polo canón do Río Mao ata afondar no corazón da Ribeira Sacra. 

As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos de novo unha xornada ideal para volver á natureza despois destes meses de seca. Hai moitas posibilidades de ter choiva, benvida!! A sensación térmica será baixa (6/12ºC). Abandonamos por fin este desastre de "veroño".

É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (fundamental que a exterior sexa impermeable) para cortar o vento, frío e auga ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 

Moi recomendable tamén levar equipo complementario na mochila cun poncho-chuvasqueiro.

- Para o tren inferior o calzado ideal para esta ruta é bota de Trecking con Gore-Tex (polainas opcionais).

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... :P Lembrade que ao fin da ruta será ben doce :P

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios:

Saída dende Pontevedra ás 8.00 (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 8.25 (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9.30 (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será as 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).