Comezamos con historia, viño e termas. Are you ready?

Data: sábado 21 de outubro de 2017
Itinerario:  Castrelo de Miño - Castro de Astariz + Baño nas Termas de Prexigueiro
Distancia: 15 km
Dificultade: baixa 


> NOTA: a ruta inclúe paradas interpretativas para coñecer o patrimonio cultural, natural e vitivinícola do Ribeiro. Ao remate da ruta teremos a oportunidade de gozar dun baño no Balneario – Spa Termas de Prexigueiro. Levar traxe de baño, toalla, sandalias, etc. e unha muda completa para o remate da xornada.


> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

Iniciamos o ano académico 2017/2018 cunha ruta na contorna do encoro de Castrelo de Miño, no corazón do Ribeiro. Historia, viño e termas como atractivos dunha ruta de dificultade baixa para ir entrando en forma. 

As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada ideal para volver á natureza despois de meses de seca. Hai posibilidades de ter algo de choiva a primeira hora pero logo irá abrindo. A sensación térmica será boa e propia desta estación (13/18ºC).

É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (fundamental que a exterior sexa impermeable) para cortar o vento, frío e auga ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 

Moi recomendable tamén levar equipo complementario na mochila cun poncho-chuvasqueiro por se a previsión falla.

- Para o tren inferior o calzado ideal para esta ruta é zapatilla baixa de Trecking con Gore-Tex (opción recomendable con complemento de polainas) ou bota de sendeirismo tradicional, non porque a ruta teña pasos complicados senón pola previsión meteorolóxica.  

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... :P 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno. 

Lembrade que ao remate da ruta teremos a oportunidade de gozar dun baño no Balneario – Spa Termas de Prexigueiro. Levar traxe de baño, toalla, sandalias, etc. e unha muda completa para o remate da xornada. (Podedes deixar todo este equipo complementario no bus namentres facedes a ruta). 

4) Horarios:

Saída dende Pontevedra ás 8.15 (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 8.40 (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9.00 (Café-Bar Bekas)
Punto de encontro ás 9.45 (Clube Náutico Castrelo de Miño)


hora de remate aproximado será as 17:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).