De finde á montaña, imos ao Xurés

Data:sábado 22 e domingo 23 de abril de 2017

Itinerario: 

 - sábado 22/04/2017: Roteiro Megalítico Val do Salas 
                 Distancia: 13.5 km
                 Dificultade: baixa



 - domingo 23/04/2017: Puxedo-A Cela-O Pisco

                 Distancia: 17.5 km
                 Dificultade: media



Despois dun merecido descanso nesta santa semana de vacacións volvemos á montaña, neste caso á Serra do Xurés. Con estas rutas pecharemos o ciclo de montaña deste ano 2017 despois de achegarnos a Chandrexa, Penas Libres, Courel e Trevinca. 

A ruta tradicional de sábado será desta volta unha ruta dobre, xa que logo quedaremos a durmir alí para gozar dunha xornada de confraternización co que despedir o ano académico. Atentas ao programa:

Sádado 22/04/2017

7:30h _ Praza Galicia Nº5 (Pontevedra): saída autobús dirección Vigo
7:55h _ Areal Nº46 (Vigo): saída dirección Xurés
9:00h _ Café Bar Bekas (Ourense): saída dirección Xurés
10:00h _ Reunión dos tres campus en Bar Restaurante A Rola de Muíños (649557864)
11:00h _ Ruta 1: Inicio roteiro megalítico Val do Salas
15:30h _ Xantar de confraternización e tempo libre no Albergue O Corgo (Muíños)
21:30h _ Cea e sorteo de agasallos.

Domingo 23/04/2017

8:45h _ Almorzo
10:00h _ Ruta 2: Puxedo-A Cela-O Pisco
15:30h _ Xantar no albergue e regreso.


Son moitas as novidades desta volta polo que todo o mundo atento:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos dous días de sol e altas temperaturas polo día en contraste cos 5º ou 6º de noite. En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

PARA AS RUTAS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor. Importante valorar a posibilidade dunha gorra para as horas centrais do día. 
- Para o tren inferior o calzado ideal para estas rutas é bota ou zapatilla baixa de Trecking con Gore-Tex.
Bastóns, polainas, etc. queda por conta de cada quen pero non serán obrigatorias. 

PARA O RESTO DA FIN DE SEMANA:
- Útiles de aseo (toalla, bañador, chanclas)
- Roupa para durmir (camisón, pixama)
- Muda completa e roupa de descanso para a tarde do sábado (non de sendeirismo)
- Frontal ou lanterna 
- Crema solar (recomendable factor alto nesta época do ano)

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... para comer en ruta. Lembrade que tanto as comidas do sábado e domingo como a cea do sábado serán no albergue e están incluídas no prezo. 

3) Equipo aconsellable complementario (para ruta): mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios: 
hora de regreso aproximado será as 18:00h. do domingo (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe). 

5) O PREZO DESTA RUTA, MALIA A SER EN VERDADE DÚAS, NON SERÁ DIFERENTE AO RESTO DO PROGRAMA. A fin de semana completa por só 10€ (15€ para externos). O prezo inclúe: xantar día 22, cea día 23, almorzo e xantar do día 23, aloxamento no albergue, transporte dende Vigo-Pontevedra e Ourense, asistencia técnica en ruta...



Toda a info en http://roteirosuvigo.blogspot.com.es/p/blog-page.html