Data:sábado 11 de febreiro de 2017 #DestaVAI
Itinerario: Bretelo – Forcadas – Requeixo – A Picoña – Zamorela – Castelo – Bretelo
Distancia: 17 km
Dificultade: media - alta
Itinerario: Bretelo – Forcadas – Requeixo – A Picoña – Zamorela – Castelo – Bretelo
Distancia: 17 km
Dificultade: media - alta
Desta volta non haberá cicloxénese que pare o grupo!!! Despois do pequeno paseo na contorna de Pontevedra (Salcedo no Tempo) para recuperar a forma despois dos excesos do nadal comeza agora o ciclo de montaña deste ano 2017. E para inicialo visitamos o Val de Forcadas en Chandrexa de Queixa, unha ruta de altura que require de recomendacións específicas:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es (superada a cicloxénese) falan de que teremos unha xornada con moitas posibilidades de neve :) que é o que imos buscar non é?
En base ao anterior e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas (que pouco aumentarán con máximas de 5ºC). Asemade se tedes posibilidade de levar na mochila un poncho-chuvasqueiro sería perfecto por se en lugar de neve temos auga. Gorros, luvas ou bragas polares segundo criterio persoal de cada quen pero de seguro que son de agradecer.
- Para o tren inferior o calzado ideal é bota de Trecking con Gore-Tex. As polainas tamén son recomendables ao igual que o uso de bastóns e pantalóns de abrigo.
IMPORTANTE!!! Será unha ruta de montaña con altas probabilidades de neve, xa que logo temos que ir equipados para tal.
IMPORTANTE!!! Será unha ruta de montaña con altas probabilidades de neve, xa que logo temos que ir equipados para tal.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... :P
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno.
RECOMENDABLE NESTE CASO DEIXAR UNHA MUDA COMPLETA NO BUS PARA VOLVER AO DESTINO SECOS DESPOIS DA AVENTURA. :)
RECOMENDABLE NESTE CASO DEIXAR UNHA MUDA COMPLETA NO BUS PARA VOLVER AO DESTINO SECOS DESPOIS DA AVENTURA. :)
4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web. A hora de remate aproximado será as 17:00h. (sen contar o regreso en bus).