Publicacións

Camiñar sobre as augas de Mondariz

Imaxe
Data: sábado 18 de novembro de 2017
Itinerario:  Mondariz (Balneario) - San Martiño de Frades - Pasos do Tatín - Mondariz (Balneario) 
Distancia: 18 km
Dificultade: baixa 
GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20865221

> NOTA:a ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e visita incluída ao fermoso e histórico Gran Hotel Balneario Port.
> INSCRICIÓNS: Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.


Avanzamos no programa de roteiros deste ano 2017/18, desta volta camiñando sobre as saudablesaugas de Mondariz. Cun fermoso percorrido polos ríos Tea, Aloal e Regueiro remataremos coñecendo a historia, composición e características das augas mineromediciñais deste lugar que lle deron fama internacional. 

As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos de novo unha xornada ideal para camiñar. A sensación térmica será moi agradable para a práctica do sendeirismo (8/16…

No corazón da Ribeira Sacra: Ruta do Río Mao

Imaxe
Data: sábado 04 de novembro de 2017
Itinerario:  Miradoiro de Triguás - Forcas - San Lourenzo Barxacova - Fábrica da Luz 
Distancia: 17 km
Dificultade: baixa 
GPS:
1ª Parte: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20556427
2ª Parte: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20541491


> NOTA:a ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e visita guiada para descubrir o espectacular xacemento arqueolóxico da Necrópole de San Vítor de Barxacova. Ao remate da ruta teremos a oportunidade de descubrir o único Museo do Chocolate de Galicia... ñam ñam... :P


> INSCRICIÓNS:
Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Seguimos en ruta, desta volta cunha das rutas máis fermosas desta tempada. Comezaremos ao pé das serras orientais e iremos pouco a pouco descendendo polo canón do Río Mao ata afondar no corazón da Ribeira Sacra. 

As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos de…

Comezamos con historia, viño e termas. Are you ready?

Imaxe
Data: sábado 21 de outubro de 2017
Itinerario:  Castrelo de Miño - Castro de Astariz + Baño nas Termas de Prexigueiro
Distancia: 15 km
Dificultade: baixa 
GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20399916

> NOTA:a ruta inclúe paradas interpretativas para coñecer o patrimonio cultural, natural e vitivinícola do Ribeiro. Ao remate da ruta teremos a oportunidade de gozar dun baño no Balneario – Spa Termas de Prexigueiro. Levar traxe de baño, toalla, sandalias, etc. e unha muda completa para o remate da xornada.


> INSCRICIÓNS:
Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

Iniciamos o ano académico 2017/2018 cunha ruta na contorna do encoro de Castrelo de Miño, no corazón do Ribeiro. Historia, viño e termas como atractivos dunha ruta de dificultade baixa para ir entrando en forma. 

As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada ideal para volver á naturez…

Rematamos o ano no fin do mundo

Imaxe
Data:sábado 13 de maio de 2017
Itinerario:  Praia de Estorde, Sardiñeiro de Abaixo, Praia Langosteira, Fisterra, Faro, A Insua, Praia de Fóra, Praia Langosteira
Distancia: 17 km
Dificultade: baixa
Track GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17641306 




Rematamos o ano académico no que por moito tempo foi o fin do mundo coñecido, Fisterra. Unha ruta litoral chea de misticismo coas mellores paisaxes. 
As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es non son moi boas e apuntan a que teremos moitas posibilidades de ter algo de choiva. Así é que malia a sensación térmica será boa (13/15ºC) será necesario estar preparados para camiñar nalgún momento baixo a auga. 
É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas (fundamental que a exterior sexa impermeable) para cortar o vento, frío e auga ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 
Moi reco…

De finde á montaña, imos ao Xurés

Imaxe
Data:sábado 22 e domingo 23 de abril de 2017
Itinerario:
 - sábado 22/04/2017: Roteiro Megalítico Val do Salas 
Distancia: 13.5 km
                 Dificultade: baixa


 - domingo 23/04/2017: Puxedo-A Cela-O Pisco
Distancia: 17.5 km
                 Dificultade: media



Despois dun merecido descanso nesta santa semana de vacacións volvemos á montaña, neste caso á Serra do Xurés. Con estas rutas pecharemos o ciclo de montaña deste ano 2017 despois de achegarnos a Chandrexa, Penas Libres, Courel e Trevinca. 

A ruta tradicional de sábado será desta volta unha ruta dobre, xa que logo quedaremos a durmir alí para gozar dunha xornada de confraternización co que despedir o ano académico. Atentas ao programa:
Sádado 22/04/2017
7:30h _ Praza Galicia Nº5 (Pontevedra): saída autobús dirección Vigo 7:55h _ Areal Nº46 (Vigo): saída dirección Xurés 9:00h _ Café Bar Bekas (Ourense): saída dirección Xurés 10:00h _ Reunión dos tres campus en Bar Restaurante A Rola de Muíños (649557864) 11:00h _ Ruta 1: Inicio rote…

Unha ruta de altura no "Himalaya" galego

Imaxe
Data:sábado 25 de marzo de 2017
Itinerario:  Mina Alto do Campo, Campo de Valborraz, La Cabrita, Alto del Colladín, Lagoa do Penedo, Alto del Colladín, La Cabrita, Mina Alto do Campo
Distancia: 12 km
Dificultade: media-alta


GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16828446
Bonus Track: A ruta de recoñecemento realizada polo STAFF non é apta para principiantes e debe realizarse obrigatoriamente con material de montaña adaptado á climatoloxía (GPS, crampóns, piolet, etc.)  https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16823497

Avanzamos cara a penúltima ruta do ciclo de montaña deste ano 2017 tentando poder acceder á Lagoa do Penedo e bicarlle os pés á Peña Surbia (2116m), só uns metriños baixo os 2127m do teito de Galicia (Peña Trevinca). 
Unha ruta de iniciación á alta montaña na que aproveitaremos para descubrir algunhas curiosidades deste deporte que demanda ir moi ben preparados para afrontala co máximo de garantías. 
É por isto que É OBRIGATORIO:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiem…

Volvemos á montaña, é a quenda do Courel

Imaxe
Data:sábado 04 de marzo de 2017
Itinerario:  Aula Natureza Moreda – Devesa de Rogueira– Miradoiro de Polín– Parada 
Distancia: 11 km
Dificultade: media-alta
GPS:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16523981

Seguimos co ciclo de montaña deste ano 2017 tentando á sorte para poder catar algo de neve, desta volta dende os 1400m. da Serra do Courel e as fermosas paisaxes da Devesa de Rogueira. Unha verdadeira ruta de altura que demanda ir ben preparados para afrontala co máximo de garantías. É por isto que recomendamos:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos moitas posibilidades de pisar neve e incluso de camiñar con ela. Así é que agardamos unha sensación térmica de -2ºC e un 60% de probabilidades de auga. En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en cal…